miércoles, 12 de febrero de 2014

CUESTIÓN DE AMOR

Son varias as versións e historias que circulan en torno a este Día dos Namorados ou Día de San Valentín, a maioría de carácter fabuloso. Sarah Clark ofrécenos varias versións sobre a orixe desta data:


Versión 1: A primeira asociación entre o amor romántico e o Día de San Valentín encóntrase no Parlement of Foules (1382) do poeta inglés Geoffrey Chaucer (1343-1400). Segundo Chaucer, o día de San Valentín era cando as aves elixían as súas parellas.



Versión 2: Na antiga Roma, o 15 de febreiro celebrábanse as Lupercales (Lupercalia), festividade en honor de Fauno Luperco, quen segundo a tradición, tomando a forma dunha loba, aleitara os xemelgos Rómulo e Remo, e en cuxa honra se facía a festa. Esta tiña que ver, pois, con ritos de exaltación da fertilidade. Co paso do tempo o Papa Gelasio I prohibiu e condenou, no ano 494, a celebración pagá das Lupercales, substituíndoa polo 14 de febreiro, data na que, no ano 270 d.C, morreu martirizado un cristián chamado Valentín.

Versión 3: O emperador Claudio III, molesto por canto os homes do seu imperio estaban menos dispostos a abandonar ás súas esposas para loitar nas súas guerras, dispuxo unha moratoria sobre os matrimonios. Pero San Valentín contraveu a orde imperial, realizando matrimonios en segredo, motivo polo cal foi enviado a prisión, onde morrería.

Versión 4: San Valentín foi encarcerado por Claudio III por axudar aos cristiáns. No cárcere curou da súa cegueira a filla dun carcereiro e namorouse dela. Supostamente escribiríalle cartas que asinaría cun "Do teu Valentín". A Claudio non lle gustaba a idea de que os seus presos fixesen milagres ou escribisen notas de amor e mandou decapitar a Valentín un 14 de febreiro do ano 269 d.C.

Versión 5: San Valentín, ao ser rexeitado polo seu amante, extraeu o seu propio corazón e envioullo a ela, aínda latexando, como mostra do seu amor. Esta é, sen dúbida, a máis romántica.
O caso é que non hai certeza de nada. Así que cada cal quede coa versión que máis lle satisfaga. De feito, nin sequera o Papa Gelasio I, que presidiu a Igrexa no século V, sabía quen era San Valentín e na súa acta papal puntualizou: "Deus saberá mellor ca nós que fixo exactamente este santo, pero hai que rezarlle.


IMOS Á TAREFA!!!!!

1. Le o relato sobre Os Amores de Eros e Psique en Pompilos (http://pompilos.org/eros/) e descobre o texto escondido

2. AMORES CLÁSICOS (HERO E LEANDRO)
Hero e Leandro son dous mozos gregos namorados cuxos pais non lles deixan verseHero era unha fermosa sacerdotisa de Afrodita, e coñeceu a Leandro cando este foi levar unhas ofrendas ao recinto sagrado. Pouco despois, recoñeceron o seu mutuo amor.
Como os seus pais se opoñían rotundamente á relación, decidiron verse en segredo. Cada noite, a doncela colocaba unha lanterna na ventá do seu cuarto. Isto avisaba a Leandro de que ela se encontraba na beira oposta ao estreito que separaba as súas casas, que non había ningún perigo de que fosen vistos, e ademais servíalle de guía para non se perder. Todos os días, ao ver a luz, o mancebo cruzaba o mar a nado e víase unhas horas coa súa amada.

Ata que unha noite, cando el se encontraba cruzando o estreito, se desencadeou unha forte tempestade que apagou o candil. Isto fíxoo perderse, e a forte ondada provocou que afogase. Ao amencer, Hero baixou á praia en busca do seu amado. Cando chegou, unha onda depositou o corpo morto de Leandro aos seus pés. A rapaza non puido aguantar a terrible perda, e suicidouse botándose ás furiosas augas.

Outra versión da lenda engádelle aínda máis dor ao establecer que a tormenta durou varios días, e Leandro esperou a que tranquilizase, pero que, ao cabo de oito noites, non puido resistilo máis, e marchou cara ao lugar onde se encontraba Hero que, neste caso, era unha alta torre, dende a que Hero divisaba todo o mar e, tamén dende a que se lanzou, dándose morte, ás augas malditas.

Moitos escritores dedicaron os seus poemas aos amores destes namorados:

A Hero Leandro adoraba, 
y, por verla, enamorado
el Helesponto cruzaba 

todas las noches a nado.

Y, según la fama cuenta,
Hero una luz encendía
que en las noches de tormenta 

de faro al joven servía.

Una noche a Hero cansada 
de mirar hacia Bizancio, 
rendida, aunque enamorada, 
la hizo dormirse el cansancio.

Y esto su amor no mancilla, 
pues todas, lo mismo que Hero, 
tienen el cuerpo de arcilla
aun teniendo el alma de acero.


Y lo más triste es que, 
apenas la pobre Hero se durmió, 
cuando un aire desde Atenas, 
la luz, soplando, apagó .


Viendo él la luz apagada, 
sintió aquel olvido tanto, 
que, maldiciendo a su amada, 
abrasó el mar con su llanto.

Y queriendo, o sin querer, 
de pena se dejo ahogar,
sin que él pudiese saber
si le ahogó el llanto o la mar.


Lo cierto es que al desdichado, 
al rayo del sol primero
la tormenta le echó, ahogado, 

al pie de la torre de Hero.

Y cuando muerto le vio, 
Hero, cual Leandro fiel, 
se arrojó al agua y murió 
como él, por él y con él.

¡Que ellas, fuertes en amar 
y flacas en resistir,
si duermen para esperar, 

despiertan para morir!

(Ramón de Campoamor) 



Actividade: amores_clásicos.pdf

3. Taller de grafitos amorosos de Pompeya (Fernando Lillo)

Nas paredes de Pompeia encontramos dende sinxelas declaracións de amor ou desamor, pasando polos textos máis provocativos dos que se xactaban das súas capacidades amorosas, ata os máis belos poemas de poetas anónimos de excepcional calidade.


Nas paredes de Pompeia podemos encontrar o que se coñece como inscriptiones parietariae. Dentro delas hai dous tipos principais:


a) Os tituli picti ou pintadas, chamados tamén dipinti, están escritos en capital rústica máis ou menos coidada con pincel de corte recto e pintura vermella ou negra e adoitan conter temas oficiais como carteis electorais (programmata) ou anuncios de xogos de gladiadores (edicta munerum), aínda que tamén hai exemplos de temas menos oficiais como anuncios de obxectos perdidos, de aluguer de vivendas, de prohibicións, de amor...



b) O conxunto máis numeroso, ao redor de 5000 entre Pompeia e Herculano, constitúeno os grafitos: inscricións trazadas mediante punzón (inscriptiones graphio scriptae) dun estilo máis informal e persoal e cunha temática que abrangue un amplo contido: a escola, os gladiadores, o amor, os insultos, o recordo de paso...


O latín que se usa nos grafitos reflicte a lingua das clases populares usado durante o século I d. C. é coñecido como Latín Vulgar.

Actividade: grafitos-amorosos-pompeya.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario