INTRODUCIÓN Á CULTURA CLÁSICA


Cultura: Conxunto de modos de vida e costumes, coñecemento e graos de desenvolvemento artístico, científico, industrial, nunha época ou grupo social.
Clásica: Pertencente á literatura ou á arte da antigüidade grega ou romana, e aos que nos tempos modernos os imitaron. Por extensión, dise do autor ou da obra que se ten por modelo digno de imitación en calquera literatura ou arte.

Obxectivo desta materia é que cheguedes a comprender o influxo de Grecia e Roma nos nosos días, en todos os aspectos da nosa vida, dende a familia á ciencia, dende o noso modo de pensar á casa onde habitamos.

O CLÁSICO: 
1. -É a base do noso coñecemento do mundo. Nós miramos ao que nos rodea cos mesmos ollos con que os miraron os gregos, e volvemos conseguir as mesmas preguntas que eles empezaron a formular. Non está mal que dentro dos nosos coñecementos incluamos o que eles pensaban acerca do mundo, para contrastalos cos nosos.

2. -Curiosamente, son os primeiros que inician o camiño da ciencia tal como a entendemos. Dito doutra forma, son os primeiros que empezan a preguntarse polo cosmos, a súa orixe, os primeiros que formulan leis matemáticas, físicas, os primeiros que se preguntan pola existencia do home e do seu destino.

3. -Gregos e romanos empezan a entender a Historia e o seu transcurso como un ensino. Todas as batallas, guerras, imperios, períodos de paz serven como exemplo para posteriores xeracións. É unha verdadeira pena que non aprendamos nada da nosa historia, e que no mundo sigan existindo guerras como as de Bosnia, Afganistán, Iraq, Siria...

4. -Os romanos viven nas nosas estradas; pois eles construíron a primeira rede importante; viven nas nosas casas e casais, feitos a imaxe de semellanza deles, viven nos nosos templos, mercados, monumentos, encoros. Os gregos viven na nosa forma de entender a arte (a arte realista, naturalista, tan próxima á perfección clásica). Cando nós miramos unha estatua, a primeira intención é comparala cos canons gregos de beleza. E tamén os primeiros que inventaron o sistema democrático.

5. -O clásico ten pervivencia no noso mundo actual en publicidade, en literatura, na nosa linguaxe cotiá e científica. O clásico fainos máis cultos e tolerantes. O clásico é esixido nas grandes empresas aos empregados importantes como un selo de calidade, de raciocinio, de pensamento lóxico e crítico.

Transmisión da cultura clásica:

CUESTIONARIO:

1. -Di onde está:
-Italia
- Grecia

2. -Cando pensas en Roma, Que se che vén á cabeza?

3. -E cando pensas en Grecia?

4. -Que é...
-unha toga
-unha vía
-a democracia
-civilización
-afrodisíaco

5. -Di o que saibas sobre...
-Zeus
-Ulises
-Venus

6. -Visitaches algunha vez  algún museo que tivese restos romanos ou grecos  Conta, se é así, o que máis che gustou.

7. -Que condicións ten que ter un pobo para que ti o consideres "civilizado"? Di polo menos cinco.


8. -Do que vén a continuación, sinala os que a ti che parezan que non poden servir para descubrir unha civilización antiga:

-As inscricións
-Os manuscritos
-as comidas
-os papiros
-as ruínas
-as moedas
-as cancións
-os cadáveres de animais ou persoas.
-a astronomía
-os xogos dos nenos.

9.- Cando se fala de Occidente, de que países estamos a falar?









10. -Imaxínate que te montases nunha máquina do tempo e chegarás á época dos romanos. Que cousas te levarías de aquí que eles non tivesen?

No hay comentarios:

Publicar un comentario