VIDA COTIÁ EN ROMA

Imos aprender moitas cousas dos romanos, pero algunha vez vos parastes a pensar en como era a vida cotiá dun cidadán romano? Propóñovos unha inmersión no día a día dos nosos antepasados. Traballaredes con distintos materiais e recursos, investigando sobre aspectos diversos da vida romana.


Imos investigar e descubrir como era a vida en Roma, como era a súa vida cotiá, como eran as súas casas, as súas escolas...


Formaremos dez grupos de traballo, cada uns dos cales se vai encargar de realizar unha síntese dun dos seguintes temas:

1. Vida cotiá.
2. A división do día
3. A comida
4. O aseo e o vestido
5. O calendario
6. A educación.
7. A casa.
8. Os espectáculos: circo, actividades deportivas, teatro...
9. A organización política e social 

10. A relixiosidade


Cada grupo elaborará un documento de texto ou powerpoint sobre o tema que lle corresponda. Unha vez finalizado o traballo de investigación e a redacción do documento, cada grupo realizará unha presentación, que será exposta en clase.



VOLUNTARIO: Cada grupo preparará unha pequena representación, vídeo, teatro de títeres, animación... que reflicta o aprendido.



Recursos: 
VIDA COTIÁ EN ROMA
FAMILIA
ALIMENTACIÓN
EDUCACIÓN
EDUCACIÓN
VIVENDA
VESTIDO
TRABALLO
OCIO E ESPECTÁCULOS
ESPECTÁCULOS
ORGANIZACIÓN POLÍTICA E SOCIAL

RELIXIOSIDADE

Outros recursos:
Para su elaboración disponéis de los siguientes recursos:


PROCESO
A clase divídese en dez grupos e, por sorteo, a cada un asignaráselle un tema. Os equipos estudarán as páxinas e extraerán a información necesaria (que non sexa un "corta-pega") 
Cada grupo elaborará un documento de texto (podedes acompañalo de fotografías e debuxos) ou powerpoint sobre o tema que lle corresponda (pode incluír algún vídeo breve ilustrativo) Unha vez finalizado o traballo de investigación e a redacción do documento, cada grupo realizará unha presentación, que será exposta en clase.
Cada grupo elaborará despois unha pequena representación: os que mellor redacten poden preparar o texto, outros poden preparar algún decorado ou buscar o atrezzo necesario e todos participarán na representación. Tamén valerá outro tipo de exposición plástica: vídeo, animación, títeres....

AVALIACIÓN
Para cada unha das tarefas avaliaranse os seguintes puntos:
- Traballo escrito: calidade da información, capacidade de síntese, presentación, ortografía e expresión excrita.
- Exposición oral na clase: capacidade de síntese, presentación,expresión oral, coñecemento da materia exposta.
Representación: calidade do texto, orixinalidade, interpretación e decorado.

1 comentario: