miércoles, 25 de septiembre de 2013

SAN VICENTE DE PAÚL, OS POBRES E A ANTIGÜIDADE CLÁSICA


Xa sabedes moito da biografía de San Vicente de Paúl. El, campesiño humilde, viviu durante o século XVII sendo consciente da multitude de pobrezas que había ao seu redor. Incluso el mesmo foi vendido como escravo en Túnez.... Pero estas situacións sociais xa veñen de antigo.

Sabedes como era a sociedade na Grecia e Roma antiga? Como era no tempo de San Vicente? E agora? Perviven as mesmas pobrezas? E a escravitude?

É o momento de descubrilo. Adiante!!!  


ACTIVIDADE

Por parellas, teredes que escribir sobre o problema da escravitude e a pobreza na sociedade da Grecia e Roma clásica e contalo ao voso xeito. Contarémolo todo como se fosen as noticias dun xornal .

Partes da noticia:

  • Titular: Escoller un título que sexa un resume e que sexa chamativo, que capte a atención do lector.

  • Entradiña: a xeito de pequeno resume da nova.

  • Corpo da nova: é o texto informativo no que se dan os datos que desenvolven o apuntado no titular e na entradiña. Nesta parte é necesario ter en conta as 5 cuestións seguintes:

    - Que: contar o ocurrido.

    - Quen: personaxes.

    - Cando: localizar a nova no tempo

    - Onde: localizar a nova no lugar

    - Por que: dar as razóns polas que ocorreu o feito


     - Criterios de avaliación:
  • Utiliza un titular orixinal … e adecuado ao que se quere contar.

  • Na entradiña resume nunha ou dúas frases curtas o máis importante.

  • Redacta a nova:


    Dando os datos fundamentais



    - Fai referencia aos protagonistas principais.


    - Localiza no espazo e no tempo.


    - Redacta de xeito orixinal ( sen copia-pega ).


    - Non se excede no “tamaño” da nova.


    - Utiliza un vocabulario adecuado.



    • Acompaña a nova con polo menos unha imaxe adecuada ao que se conta nela.

    • Adxunta material adicional: presentación ou vídeo orixinal.

    • Fai referencia ás fontes de información utilizadas e das imaxes.

    • Os membros do equipo tiveron todos unha participación activa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario